A Biblioteca municipal acolle Mesas de conversa en inglés para mellorar o nivel de coñecemento do idioma

A Concellería de Bibliotecas, presidida pola edil Mercedes Taibo, organizou unhas Mesas de conversa en inglés que se desenvolven nas instalacións da Biblioteca do Alto. A concelleira naronesa recordou ás persoas interesadas en asistir a esta iniciativa, donde poder practicar e mellorar o nivel de inglés, que poden anotarse na propia Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173. A lista de reserva para ábrese os mércores ás 9.30 para participar na mesa do luns seguinte. As clases impártense os luns e están coordinadas por unha mestra nativa, que se encarga dos tres niveis, o de Primeiros pasos e os Quitaóxidos I e II.

As persoas que dispoñen duns coñecementos básicos de vocabulario e gramática poden anotarse nas clases de Primeiros pasos, que teñen lugar de 11.00 a 12.00; aquelas cun nivel medio, que poden manter unha conversa básica sobre temas concretos e ser autónomos nunha viaxe a un país anglófono deberán facelo en Quitaóxidos I, que se imparte de 17.15 a 18.15. Por último, no nivel Quitaóxidos II, de 18.15 a 19.15 horas, están aquelas persoas cun nivel máis fluído de conversación e que poden comunicarse sen esforzo.

Taibo subliñou que “esta iniciativa é unha moi boa oportunidade para practicar o inglés en público e con xente que ten un nivel similar de coñecemento dese idioma” e animou ás veciñas e veciños a participar nas sesións programadas na Biblioteca municipal.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …