Aberto o prazo de solicitude de renovación e altas do bono familiar para as actividades xestionadas polo Servizo de Deportes de Narón

O concelleiro de Deportes de Narón, Román Romero, indicou que o Servizo de Deportes manterá aberto ata o vindeiro 20 de novembro o prazo para solicitar a renovación e altas no bono familiar. Este servizo ofrece ás veciñas e veciños de Narón e doutros concellos a posibilidade de acollerse a descontos para asitir ás actividades xestionadas directamente a través do Servizo de Deportes do Concello de Narón. A vixencia do citado bono será do 1 de febreiro de 2018 ao 31 de xaneiro de 2019, tal e como apuntou Romero.

A cota do bono é de 59,30 euros ao ano e os posuidores terán descontos de entre o 15% e o 50% en función do número de membros da unidade familiar, para as familias con dous membros e máis de catro, respectivamente. As de tres integrantes terán un desconto do 25% e as de catro do 30%, tal e como explicou Romero. Os interesados en solicitar estes descontos deben presentar nas oficinas do Servizo de Deportes de Narón –no pavillón polideportivo da Gándara- ou no Rexistro do Concello a solicitude (que poden recoller nas citadas dependencias), unha copia do DNI do solicitante, o modelo oficial de domiciliación debidamente cumprimentado e un volante de empadronamento expedido polo Rexistro Xeral do seu Concello.

En canto ás actividades, estes bonos familiares poderán utilizarse para a piscina da Gándara: Escolas Municipais (Natación e perfeccionamento); Natación de adultos (Iniciación e perfeccionamento); Natación Terceira Idade (Iniciación e perfeccionamento); Natación Terapéutica; Matronatación/Posparto; Nado libre con abono; Natación para bebés e Natación diversidade funcional. En canto ás actividades que se realizan nos pavillóns e ximnasio, contémplanse as de Ximnasia de Mantemento; Combinada de Ximnasia de mantemento e piscina; Musculación; Ioga; Tenis de Mesa; Remo; Patinaxe Artística, Xadrez e Pilates, tal e como aputou o edil de Deportes.

Lea también

Empiezan las obras de mejora de la accesibilidad del pabellón de San Sadurniño

La empresa Guerreiro Somozas S.L. inició hace unos días los trabajos de remodelación de la …