Unha veintena de mulleres toman parte no curso gratuíto de defensa persoal que promove o Concello de Valdoviño

Instante do curso de defensa persoal – Concello de Valdoviño

Unha veintena de mulleres de Valdoviño e doutros municipios limítrofes iniciaron onte á tarde o curso de defensa persoal e autocapacidades que impulsa o Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, no local veciñal de Lago. A acción formativa está financiada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e inclúese na programación municipal deseñada co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Entre os contidos do curso, que continuará o próximo xoves, día 23, abordaranse os distintos tipos de agresión, as medidas de autoprotección, medios a empregar ante unha agresión e técnicas sinxelas e resolutivas.

Lea también

Valdoviño y Aspaneps favorecen el reciclaje de tapones de plástico

El Ayuntamiento de Valdoviño y Aspaneps, Asociación de Padres de Niños con Problemas Psicosociales,  inician …