O Estadio Municipal de Río Seco acollerá o vindeiro domingo o XVI Trofeo de Atletismo Cidade de Narón

Instante da presentación – Concello de Narón

O “XVI Trofeo de Atletismo Cidade de Narón” terá lugar o vindeiro domingo, 26 de novembro, no Estadio Municipal de Río Seco. O edil de Deportes, Román Romero; o presidente do Club de Atletismo Narón, Álvaro Valle; a secretaria da delegación ferrolá, Eva Martínez e Yolanda Fonticoba, directiva do clube naronés, presentaron esta mañá o evento no Concello. A convocatoria, na que se estima que participarán unhas 400 persoas de clubes galegos, superando a cifra do ano anterior, terá lugar entre as 10.00 e as 15.00 horas, tal e como indicaron desde o Club de Atletismo Narón. O concelleiro de Deportes subliñou o elevado número de participantes que ano tras ano rexistra este evento, ao que convidou a asistir á veciñanza de Narón e doutras localidades.

O presidente do Club de Atletismo Narón explicou que a competición será desde a categoría Sub 10 ata a Máster e indicou tamén que haberá premios para os tres primeiros clasificados en cada categoría. Do clube naronés participarán neste evento oitenta atletas, dos 140 que o integran na actualidade. Ao longo da xornada haberá probas de velocidade, de salto de lonxitude e de lanzamento de peso. Os representantes do Club de Atletismo Narón agradeceron a colaboración do Concello na organización desta nova edición do Trofeo de Atletismo Cidade de Narón.

Esta é a primeira competición de pista de categorías superiores que se celebra esta tempada, polo que moitos atletas participantes virán a Narón para facer marca”, destacou Eva Martínez.

Lea también

El Racing Genuine disfruta del Torneo Erizana Integra

El Racing Genuine participó el pasado fin de semana en la quinta edición del Torneo Erizana …