Fene abre o prazo de solicitude das Subvencións a Entidades sen fins de lucro para actividades desenvolvidas no 2016

Apoiar ás entidades municipais sen ánimo de lucro no desenvolvemento de actividades culturais, deportivas ou educativas que favorezan a participación entre a veciñanza; contribuír ao financiamento dos gastos de funcionamento necesarios para o cumprimento dos fins propios das asociacións así como para o desenvolvemento das actividades obxecto da subvención. Son os principais obxectivos dunha nova convocatoria de Subvencións a Entidades sen Fins de Lucro que ven de aprobar o Concello de Fene. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o vindeiro 15 de decembro.

Poden optar a estas subvencións as entidades, asociacións, comités veciñais ou comunidades de bens, xurídicamente constituídos. Tamén poden solicitalas “aquelas unidades económicas ou patrimonios separados que, aínda que carezan de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, actividades ou comportamentos ou se encontren na situación que motiva a concesión da subvención”. En calquera caso, os/as solicitantes deberán carecer de ánimo de lucro, desenvolver as súas actividades no concello de Fene, non ter pendente de xustificación ningunha subvención municipal concedida en exercizos anteriores, así como estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa seguridade social.

Segundo se establece nas bases da convocatoria, o Concello de Fene destina 75.500 euros ás subvencións a entidades sen ánimo de lucro para actividades desenvolvidas no ano 2016 (ou, no caso das que duren un curso académico ou tempada deportiva, para as realizadas no curso/tempada 2015/2016). O importe total repartirase do seguinte xeito: 5.000 euros para as Anpas, 32.000 para entidades culturais non lucrativas e os 38.500 restantes para entidades deportivas non lucrativas.

As solicitudes presentaranse telemáticamente ou por algunha outra forma establecida no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

Lea también

Valdoviño y Aspaneps favorecen el reciclaje de tapones de plástico

El Ayuntamiento de Valdoviño y Aspaneps, Asociación de Padres de Niños con Problemas Psicosociales,  inician …