O Triatlón Ferrol renova as súas estrelas do equipo feminino de Primeira División

Melina Alonso nunha proba – Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol prepara a temporada 2018 renovando as súas estrelas para manterse entre a elite da Primeira División.

O club ferrolán mantén como estandarte a olímpica Miriam Casillas, quen leva máis dun lustro acumulando éxitos na formación departamental.

Con ela, o Triatlón Ferrol está especialmente orgulloso de que o groso do equipo poida ser local grazas ás canteirás Inés Santiago, Camila e Melina Alonso.

A maiores, en 2018 a andaluza Ana Carvajal seguirá medrando no club e volverán tras lesión Tamara Gómez, coa súa carreira olímpica truncada por varias operacións, e Carmen Gómez, que non puido rematar correndo o tramo final desta temporada.

Desta forma, o Triatlón Ferrol defenderá o dobre bronce conseguido na Liga Nacional de Primeira División nos dous últimos anos.

Ademais de contar coas triatletas da Escola Javi Gómez Noya como Emma Suárez, o club ofrece un lugar no seu equipo feminino a toda deportista da comarca, independentemente do seu nivel.

Lea también

XLIV Memorial internacional Juan Varela-XXVII Trofeo de natación Concello de Ferrol

El concejal de Deportes, Ricardo Aldrey, ha presentado este miércoles 25 el XLIV Memorial internacional …