A alcaldesa de Narón e o vicepresidente da Fundación CNAE asinaron un convenio de colaboración en materia de Seguridade Viaria

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o vicepresidente da Fundación Confederación Nacional de Autoescolas de España (CNAE), José Manuel López, asinaron un convenio de colaboración no Concello no transcurso dun acto ao que tamén asistiron o edil de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo e representantes do equipo de Educación Viaria do Consistorio. En virtude ao acordo rubricado esta mañá a administración local naronesa e a Fundación CNAE comprométense a estreitar as súas relacións e aunar esforzos para desenvolver accións de colaboración en materia de educación e seguridade viaria. Investigacións, estudos e formación forman parte das propostas a realizar con cargo a este convenio, que terá unha duración inicial dun ano.

O vicepresidente da Fundación CNAE subliñou a importante labor que o Concello de Narón leva realizando nos últimos anos en materia de Educación Viaria, cun completo equipo de persoal e medios destinados a este traballo. “Os primeiros prescriptores viais son os pais, que son os que dan exemplo aos seus fillos e os comportamentos e valores xéranse tamén nos colexios, que desempeñan unha gran labor en materia de seguridade viaria, tendo un papel máis formativo as autoescolas”, apuntou López.

Pola súa banda, a alcaldesa da cidade, valorou o traballo do equipo de Educación Viaria do Concello de Narón con diferentes colectivos sociais en materia de seguridade cidadá, entre eles escolares de Narón e tamén doutros municipios da comarca. Así mesmo, destacou o feito de que o goberno local de Narón “non escatimou nunca en recursos destinados a incrementar a seguridade viaria, porque somos coñecedores de que estamos invertindo en futuro, nesas nenas e nenos que xa lles din aos seus pais cando cometen unha infracción ao volante ou como peatóns que o están facendo mal, porque coñecen boa parte da normativa en materia de seguridade viaria”.

O vicepresidente da Fundación CNAE recordou tamén que “tiven unha gran satisfacción cando o Concello de Narón recibiu en Madrid o Premio ao Compromiso coa Seguridade Viaria e a Mobilidade Sostible da Fundación CNAE”. O galardón, concedido a finais de 2016 e entregado o pasado mes de marzo en Madrid, recoñece o traballo realizado polo Consistorio naronés a través do programa “Aprende pedaleando”, que promove a educación viaria no entorno escolar mediante o uso da bicicleta, como medio de ensino fóra das aulas.

A alcaldesa destacou a importancia do convenio asinado e tamén o feito de que permitirá a Narón “continuar avanzando en materia de seguridade viaria«

Lea también

A Biblioteca de Narón e a Axencia de Lectura da Gándara retoman “Trocolibro”

A Biblioteca de Narón e a Axencia de Lectura da Gándara retoman dende este luns …