Ferrol acometerá obras no rural co cargo ao POS+2018 por importe dun millón de euros

Pleno – Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol, en pleno extraordinario, aprobou na sesión celebrada este luns destinar un millón de euros a unha serie de obras e melloras na zona rural do municipio con cargo ao POS+2018, da Deputación Provincial da Coruña. En total, o plan ascende a 1.094.027,44 euros dos que 859037,55 corresponden a achega provincial e 234.989,89 son o aporte do Concello de Ferrol.

A proposta do goberno, que antes do pleno foi abordada nunha comisión extraordinaria de Urbanismo, foi aprobada no pleno das 13:00 horas co respaldo de todos os grupos do arco municipal agás do PSOE, que se abstivo.

Este acordo plenario permite acometer unha serie de inversión necesarias e demandas no que o monto principal vai a investimentos na zona rural.

Doutra banda, e dentro do Plan Complementario do ano 2018 no que se inclúen os investimentos financeiramente sostibles -que a continuación se indican- , así como os correspondentes proxectos ou pregos de prescricións técnicas, para a rehabilitación das cubertas de Recimil, nas rúas e bloques que se indican, ademais das melloras para implementar a seguridade viaria dos peóns na Avenida de Vigo, e repavimentación e mellora do carril bici na avenida de Esteiro, concretamente no tramo Angustias-Avda de Vigo, por un importe total de 648. 363,13 euros.

XUNTA DE GOBERNO LOCAL 18.12.2017

No relativo a Xunta de Goberno Local deste luns, indicar que foi prorrogado o contrato da Xestión do servizo público mediante concesión denominado Servizo de xestión e mantemento do sistema de bicicletas de uso público dos Concellos de Ferrol e Narón.

Tamén foron aprobadas dúas relacións de facturas por distintos servizos prestados ao Concello por importe de 33.765,95 euros a primeira e 286.233,44 euros a segunda, entre as que figuran servizos como o transporte de actividades escolares, a campaña Ferrol en Negro.

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …