Jonathan Ríos, do Pasa ou Entorna, gaña a XIII Carreira de Fin de Ano Mugardos-Ares

Jonathan Ríos cruzando a liña de meta – Concello de Mugardos

A intensa choiva desta mañá restou algo de participación á XIII Carreira de Fin de Ano Mugardos-Ares, que aínda coas adversas condicións meteorolóxicas tivo a 276 deportistas cruzando a meta tras un percorrido de dez kilómetros entre as dúas localidades -había 450 inscritos-. O corredor nedense Jonathan Fernández Ríos, do club Pasa ou Entorna, foi o gañador da categoría absoluta cun tempo de 36,04 minutos. Despois del chegaron Gonzalo Berlmonte Martell, de Sada, e o mugardés Javier Prieto Rivas, do club Massalud Fene, con tempos de 38,02 e 38,20 minutos respectivamente.

A primeira corredora clasificada foi Laura Núñez Naveira, da Coruña, cun tempo de 47,22 minutos. Na categoría feminina ocuparon o segundo e terceiro postos María Isabel Felgar López, do club Pasa ou Entorna, e Silvia Gestal Golán, con tempos de 48,14 e 48,58 minutos respectivamente.

Mugardos acolleu este ano a saída e a meta da carreira, que organizan desde hai trece anos conxuntamente as áreas de Deportes dos Concellos de Mugardos e Ares e que adoita ter un carácter festivo e lúdico máis que estritamente competitivo.

Os corredores partiron da Avenida de Galicia ás once da mañá e completaron o itinerario que os levou pola estrada AC-130 ata o paseo marítimo de Ares e volta, para superar a meta situada no Pavillón Municipal do Cristo. Alí repartiuse avituallamento sólido e líquido aos deportistas e se procedeu a facer un sorteo de dez cestas de Nadal.

A alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz, agradeceu o esforzo realizado por todos e todas as persoas que tomaron parte na carreira e convocounos xa para a vindeira edición, dentro dun ano.

Lea también

Álex Rilo, representación ferrolana en la Copa del Mundo de Lievin

El ferrolano Álex Rodríguez Rilo disputará este sábado la Copa del Mundo de Lievin en …