Eliximos Narón pide que se reforme a praza do colexio de Xuvia para cumprir coa lexislación.

El edil de ENE «tomando medidas». Fot. cedida

Eliximos Narón rexistrou unha solicitude á alcaldesa para que faga cumprir o contrato da obra da praza do colexio de Xuvia no posible e que se sancione á construtora e ao director de obra polos incumprimentos que xa non é posible corrixir.

Ditos incumprimentos son:
Paso de peóns: no lugar de formigón fíxose con asfalto e mal rematado polo que xa se esta a desfacer polas beiras.
Pavimento: non se armou con fibras de polietileno, nin se fixo o moldeado da superficie e nin se mantivo a coloración en parte da praza.
Sinalización vertical: contemplábanse tres sinales no proxecto e só se instalou unha.
Papeleiras: non accesibles, tampouco teñen posibilidade de separación por tipos de residuos.
Bancos: non cumpren coas medidas dun banco accesible e o soporte do respaldo non ten a rixidez adecuada

Por outra parte, como Eliximos ven denunciando dende decembro de 2015 o proxecto xa non cumpriu con outros aspectos legais e, por tanto, faise necesaria a reforma da obra para adaptala á lexislación, isto é:
Respectar o trazado da rúa Foro como recolle o Plan Xeneral de Ordenación Urbana.
Reformar a fonte pública para facela accesible.
Acondicionar un paso accesible dende a beirarrúa da estrada de Castela no lado Oeste da marquesiña.
Eliminar os chanzos no lado Oeste hai da praza, que chega a case medio metro na parte alta.
Prepara o pavimento coas zonas táctiles e de diferente cor para marcar os itinerarios accesibles e delimitar zonas de perigo, obstáculos, e áreas de bancos.
Reformar a iluminación que é deficiente na parte baixa da praza e en zonas dos laterais, e que se verá agravado co follaxe das árbores.

Dende Eliximos vótanse en falta tamén outras actuacións como poden ser:
A recollida das augas do tellado da escola que verten pola praza adiante.
A recollida das augas ao final dos xardíns que arrastran a terra pola praza abaixo deixando sucidade e areas que incrementan o risco de escorregamento.
Un paso de cebra elevado á altura da entrada ao local social ou próximo a esquina da rúa.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …

Un comentario

  1. manuela dopico

    que cansino es este señor, parece la señorita Rottenmeier