O Clube Atletismo Fene participará no Campionato Galego de Cross curto

Javi Prieto liderando o Cross da Mariña Lucense – Clube Atletismo Fene

Este domingo será de novo un día histórico para o Clube Atletismo Fene. No seu segundo ano de existencia presentará por primeira vez equipo nun campionato galego. Será no de cross curto, que se celebrará no concello ourensá de A Rúa, nun circuíto de aproximadamente 4.000 metros.

Os atletas que defenderán as cores do noso clube serán os seguintes: Javier Prieto, Víctor Sabín, Antonio Rodríguez, Samuel Ramírez, Alexandre García e Esteban Rodríguez. Tamén participará Melina Alonso na proba feminina. Todos eles estarán acompañados polo adestrador e vicepresidente do clube Marcelo Rodríguez.

Lea también

Manuel Permuy obtiene muy buenos resultados en el AJP World Tour

  El pasado fin de semana se celebraron en la ciudad de Estambul (Turquía) dos …