Celebración dun curso de Métodos de programación e iluminación para espectáculos organizado en Narón

O Pazo da Cultura de Narón acolle un curso sobre Métodos de programación e iluminación para espectáculos ao que asisten unha trintena de técnicos que se adican profesionalmente ás artes escénicas, concretamente ao sector da iluminación. As sesións, organizadas polo Padroado da Cultura, comezaron a desenvolverse na xornada deste luns e rematarán este mércores, ao tratarse dun total de vinte e catro horas formativas, entre as teóricas e as prácticas.

Como programar un concerto, sistemas de iluminación ou manexo de focos móbiles son algúns dos temas sobre os que profundizan estes días as persoas que acuden ao curso, que a maiores da parte teórica encárganse na práctica de levar a cabo a programación de iluminación dun concerto, programando tódolos equipos de iluminación existentes na montaxe.

Diego García é o técnico que imparte este curso, ao que ademais de profesionais na materia de Narón acuden tamén outros procedentes de concellos galegos como Vigo, Santiago ou Rianxo, entre outros, e tamén doutras comunidades autónomas, como Madrid. García é deseñador e técnico de iluminación de xiras a nivel nacional e internacional de recoñecidos grupos de música, como Fangoria, Leiva, Vetusta Morla, etc.

O carácter das sesións é eminentemente práctico e o alumnado traballa nunhas mesas con ordenadores instaladas fronte a unha montaxe de iluminación estándar para concertos, que se instalou provisionalmente no escenario do Pazo da Cultura. O concepto musical, a pre-programación, a configuración da mesa e a programación son parte dos contidos que abordarán durante estes tres días neste curso, tal e como apuntou García.

A convocatoria obtivo unha moi boa resposta a nivel de participación, polo que o Padroado da Cultura está xa pensando en convocar unha segunda edición. As prazas dispoñibles non foron suficientes para atender á demanda rexistrada, xa que o curso que se imparte na cidade é o primeiro destas características que se realiza este ano na zona, donde eran máis habituais os relacionados coa temática do son, e non da iluminación como é este caso.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …