O piñeiral de Cabanas albergará este sábado a XXXII edición do Campionato de Galicia de Campo a Través Máster

Cartel do evento – Concello de Cabanas

O contorno do piñeiral da Madalena de Cabanas é o escenario elixido pola Federación Galega de Atletismo para albergar a XXXII edición do Campionato de Galicia de Campo a Través Máster. Unha cita na que tomarán parte atletas de 35 anos en adiante, sen límite, e que se celebrará este sábado, 10 de febreiro, pola tarde.

Este evento deportivo está organizado pola Federación Galega de Atletismo e nel colabora activamente o Concello, a través da Concellería de Deportes, e a Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil.

O campeonato dará comezo ás 16 horas coa proba popular para homes e mulleres, que terán que cubrir un percorrido de 4.500 metros. Media hora despois, ás 16,30 horas, darase a saída para as categorías Veteráns M45 en adiante (Homes) cun itinerario de 5.500 metros. Ás 17,05 horas será o turno da categoría Veteranas 35 en adiante (Mulleres), coa mesma distancia. E, ás 17,35 horas, darase a saída para os Veteráns M35 e M40 (Homes), cunha distancia a cubrir de 7.000 metros.

Lea también

Venta de entradas para el partido del Racing Club Ferrol ante el CD Mirandés

Ya están a la venta las entradas para el partido que se disputará el lunes …