O goberno de Ferrol insta a Fomento a asinar o convenio para executar a reforma de As Pías

O goberno de Ferrol ven de instar ao Ministerio de Fomento a urxir a sinatura e execución do Proxecto de Trazado: Remodelación de enlace. Conexión de Caranza y o Bertón. Estrada FE-14 T.M. Ferrol, que foi publicado no BOE este luns 5 de febreiro.

O alcalde, Jorge Suárez, remitiu esta semana unha carta dirixida ao Ministerio de Fomento no que insta ao departamento que encabeza Íñigo de la Senra, ao “inicio de dos trámites oportunos para a sinatura do mesmo no prazo máis breve posible; con especial mención no referido a FE-14, dado que foi aprobado o proxecto de trazado e deberá asinarse este convenio previamente a licitación da execución da obra”.

No verán do ano 2015, o actual goberno mantivo unha xuntanza con técnicos de Fomento e cos responsables da empresa adxudicataria da redacción do proxecto para revisalo, adaptalo aos cambios normativos e actualizalo.

Xa na segunda metade do ano 2015, o proxecto ficaba revisado. Mesmo contou con partida orzamentaria para a súa execución nos orzamentos xerais do Estado. Tal vez, esta demora excesiva nunha obra vital para a nosa cidade, responda a que o Goberno de Madrid entende que non é o tempo político axeitado para executala e lograr réditos electorais porque non hai outra explicación para o atraso dunha actuación que xa contaba co proxecto completo”, manifestaba hoxe a concelleira de Urbanismo, ao remate da comisión informativa ordinaria.

Lemos insta a Fomento a asinar o convenio no prazo mais breve posible para iniciar os traballos para coser esta brecha no urbanismo da cidade e humanizar un dos seus accesos principais para o tráfico rodado.

Lea también

Gran brillantez en el acto de entrega de los premios «ártabros-2023-24» de Galicia Ártabra

En una brillante jornada, con “abarrote total” en la tarde del sábado, día 20 de abril …