O Clube Atletismo Fene participou no Campionato galego de cross veterán

Atletas do Clube Atletismo Fene en Cabanas – Clube Atletismo Fene

Este sábado disputouse o campeonato de Galicia de cross na categoría de veteráns. Nun inmellorable lugar para a práctica do atletismo, o pinar de Cabanas, estiveron presentes varios atletas do noso clube.

Nun circuito máis duro do que a priori parecía, Javi Prieto acadaría un gran terceiro posto na categoría máis forte, veteráns M-35, despois de liderar a proba nas primeiras voltas.

Novamente o Clube Atletismo Fene presentou equipo nun campeonato galego de cross, anteriormente xa o fixo no galego de cross corto de A Rúa y e no cross largo de Robadavia. Desta vez sería na categoría M35-M40, composto por Javi Prieto (3º M-35), Alexandre García (15º M-35), Antonio Rodríguez (21º M-35) y Samuel Ramírez (31º M-40). Ademáis, Victor Sabín remataría 21º na categoría M-45.

Lea también

Nova edición do «Campus de Fútbol de Verán da Fundación Celta» en Ares

A casa consistorial de Ares acolleu a presentación oficial do Campus de Verán de Fútbol …