Catro internacionais do Triatlón Ferrol compiten na Copa de Europa de Gran Canaria

Carmen Gómez en el pódium en 2017 – FETRI

Camila Alonso, Inés Santiago, Carmen Gómez e Ana Carvajal son as catro integrantes do Triatlón Ferrol que este domingo abrirán a temporada internacional na Copa de Europa de Gran Canaria.

Despois do bronce que se colgou en 2017 Carmen Gómez, aínda que en formato olímpico, a pontevedresa asume que agora mesmo non está recuperada completamente da periostite que sofre. Por iso Gómez prefire este ano a distancia esprinte para ter que competir, a predilecta de Camila Alonso –actual número 83 do mundo- e Ana Carvajal.

En cambio, Inés Santiago elixiría a modalidade olímpica como a súa favorita pero iso non cre que condicione o resultado do domingo porque acude sen marcarse un obxectivo. “Iso si, é unha competición importante porque están en xogo criterios para ser seleccionada noutras probas”, puntualiza a ferrolá, que ocupa o 94º posto da clasificación mundial e é consciente de que a mellor española entre as dez primeiras da xeral será convocada directamente para dúas copas do mundo e os Xogos do Mediterráneo.

A Copa de Europa de Gran Canaria esta temporada se disputa en formato esprinte -750 m de natación, 20 km de ciclismo e 5 km de carreira- e dará comezo este domingo ás 14:15 h –hora peninsular española-.

Lea también

El Café Candelas O Parrulo “B” quiere seguir con la buena dinámica ante Deporcyl Guardo

El Café Candelas O Parrulo “B” continúa con su lucha por la permanencia en la …