Seis duatletas do Triatlón Ferrol buscan en Riveira a clasificación para o campionato galego

David García nunha proba – Triatlón Ferrol

Oito duatletas do Triatlón Ferrol competirán este domingo no Dúatlon de Riveira e, entre eles, serán seis os que loiten por conseguir o billete para o campionato galego.

O veterano David García será o único que compita sen presión por xogarse a praza mentres loitarán por ela a junior Emma Romeo, os absolutos Edu Saavedra e Roberto Martínez e os veteranos David Arias, Juanchi González e Luis Gómez.

Todos aspiran a unirse ao mencionado García, a Melina Alonso, Tere Barreira, Iván Puentes, Juan Rejas e Miguel Benavent.

A maiores, Ricardo Fernández participará na proba sen tempo límite para rematar.

O Dúatlon Memorial Jesús e Vicente dará comezo ás 10:30 horas deste domingo en formato esprinte de 5 km de carreira, 20 km de ciclismo e 2,5 km finais a pé.

Lea también

Álex Rilo, representación ferrolana en la Copa del Mundo de Lievin

El ferrolano Álex Rodríguez Rilo disputará este sábado la Copa del Mundo de Lievin en …