Inés Santiago, 17ª e mellor local na Copa de Europa de Gran Canaria

Inés Santiago en Melilla – Triatlón Ferrol

A departamental Inés Santiago foi a mellor local na Copa de Europa de Gran Canaria ao entrar no top-20 da proba internacional cun 17º posto. Tras dela, Carmen Gómez rematou 23ª, Camila Alonso finalizou 27ª e Ana Carvajal, 33ª.

Nadando entre as mellores, Inés Santiago perdeu o pelotón dianteiro por unha transición máis lenta do habitual e Carmen Gómez tivo peor sorte ao ter problemas para sacar o neopreno e perder uns 20 segundos extra vitais. Gómez puido ir collendo rivais en bici para acompañar a Santiago no grupo perseguidor, mentres que Ana Carvajal e Camila Alonso, sufrindo nunha mar complicada, formaron parte do terceiro pelotón.

No último segmento a pé, Inés Santiago marcou o mellor tempo das internacionais do Triatlón Ferrol e só lamentou non ter entrado en bici coas líderes para aspirar a máis.

Lea también

Jornada de iniciación al surf en la playa de Pantín, Valdoviño

Santiago de Pantín Surf School organiza una jornada de iniciación al surf el próximo sábado  …