O BNG propón ao pleno que se declare a Ferrol como «concello libre de eucalipto»

O Bloque Nacionalista Galego pide declarar a Ferrol como «concello libre de eucalipto» proposta que defenderá o vindeiro martes no pleno municipal, sinalou Ivan Rivas, voceiro do grupo municipal nunha rolda de prensa celebrada na mañá deste venres.

O BNG presentou esta moción sinalando que a mesma ten que ver cun problema, que non so se da nesta cidade, e que ten que ver coa situación na que se atopan as masas forestais no conxunto do país, nas que existe un continuado proceso de eucaliptización que se desenvolveu en base a unha repoboación masiva dos montes, na que o patrimonio forestal do estado se repoboou mediante especies de crecimento rápido que tiñan como obxectivo fundamental o beneficio das inustrias de pasta de papel a costa do deterioro dos terreos adicados a agricultura e a gandaría. Para o BNG esta situación o que esta a provocar, e levamos décadas con este proceso, é unha transformación do monte galego que se está a convertir nun inmenso eucaliptal ao servizo dos grandes oligopolios da industria do papel.

«É por iso que desde o BNG consideramos que o concello de Ferrol, diante desta situación, debería tomar algunha medida» declarou Ivan Rivas..

Para o BNG as consecuencias desta situación son que «por unha parte se esta a provocar un deterioro medioambiental cada vez máis avanzado. O que supón un golpe mortal a biodiverisdade das masas forestais galegas un deterioro do solo polas resinas que desprenden os eucaliptos e a rápida expansión que teñen as raices desta especie que esta a producir tamén un deterioro nas canles fluviais subterraneas e no conxunto do solo e das masas forestais galegas.

Tamén compre sinalar que como consecuencia desta situación temos que o problema dos incendios forestais vese agravado e incentivado polo feito de que estamos a falar dunha especie pirófita. Hai que ter en conta que estamos a falar da expansión dunha especie que dentro do plan forestal da Xunta existía unha previsión de ocupar 245.000 hectáreas no ano 2032 e os datos que temos na actualidade nos estan a dicir que na actualidade a ocupación de eucalipto supera as 400.000 has».

É por iso que desde o BNG creen que » é hora de que tomemos algunha determinación ao respecto. A Xunta de Galiza e o PP seguen a negarse a declarar algunha das especies de eucalipto, como o eucalipto nitens, como especie invasora a pesar de todas estas consecuencias e que tería que ter como consecuencia a prohibición da súa plantación».

O BNG considera que o Concello ten que empezar a tomar algunha decisión e que estas pasan porque o concello se declare como libre de eucaliptos e que por tanto isto estabeleza, xa, unha limitación á plantación de novas especies de eucalipto.

Ademais para o BNG o compromiso municipal ten que ir un pouco máis alá e pensan que se deben sustentar en dúas actuacións iniciais: as propiedades de caracter municipal e as vías e camiños municipais deben ser sometidos a un proceso de eliminación do eucalipto e que o concello debería comprometerse a desenvolver esto de maneira imediata e eliminar o eucalipto destes espazos que sexan de propiedade municipal.

A segunda cuestión é a que ten que ver con esixir o cumprimento e velar por que se garanta o cumprimento das distancas de seguridade entre os eucaliptos e as vivendas, estradas e camiños que regula a actual lexislación.

Lea también

Nuestras gentes-Manuel Pérez de Arévalo, militar, artista polifacético y químico-matemático

Manuel Pérez de Arévalo, nació en Ferrol el 10 de junio de 1915 – ( + Vigo, …