O Concello de Ferrol pon en marcha un programa de obradoiros de memoria en Esteiro e no rural

Presentación do obradoiro de memoria – Concello de Ferrol

O Goberno local ven de poñer en marcha un programa de obradoiros de memoria para promover un envellecemento activo que se van a desenvolver de maio a decembro nos locais das entidades veciñais de Esteiro, Pazos e Valón completamente de balde para os veciños, sen mais requisitos que ter cumpridos os 60 anos e estar empadroado no noso Concello.

A concelleira de Benestar Social, Muller e Igualdade, Saínza Ruiz, presentaba hoxe este programa de actividade mental para maiores deseñado pola súa área nunha rolda de prensa na que estivo acompañada por varios dos representantes das entidades veciñais do municipio, das que partía esta iniciativa no marco das xuntanzas de Mais Rural e que foi asumida pola área de Benestar.

Este novo programa de envellecemento activo chámase ‘O cerebro é vida’ e arranca a primeiros de maio en tres asociacións veciñais das zonas urbanas e rural do municipio: Asociación Veciñal ‘O Cruceiro’ , de Valón, Pazos i Esteiro.

Estes obradoiros de memoria son unha das ferramentas mais importantes coas que contamos para tratar de previr doenzas relacionadas coa perda de memoria. Coidamos que a actividade mental é crucial para axudar no envellecemento activo e entendíamos que tiña que estar presente nas entidades veciñais”, explicaba hoxe a concelleira de Benestar Social.

A finalidade destos obradoiros é a de introducir a estimulación cognitiva dentros dos hábitos de saúde, como unha das claves prioritarias do envellecemento activo, ademais da dar un servizo integrador e innovador a todas aquelas persoas interesadas en gozar dun envellecemento físico, social e mental saudable con consellos sobre alimentación, descanso, actividade física moderada e, claro está, a necesaria socialización.

As sesión programadas en cada entidade veciñal son 18 de 90 minutos con 20 prazas en cada unha das tres entidades: Esteiro, Pazos e Valón.

As persoas interesadas poden inscribirse dende ó martes 17 de abril ata ó venres 27 de abril no Rexistro Municipal, onde xa están a disposición dos interesados as fichas de inscrición.

REQUISITOS:

– Ter 60 anos cumpridos na data de inscrición do obradoiro
– Estar empadroado/a no Concello de Ferrol (este requisito comprobarase de oficio dende o Negociado de Benestar Social)
– Fotocopia do DNI

(Terán prioridade as persoas con 65 anos ata que se cubran as 20 prazas en cada asociación. No caso de non cubrirse todas as prazas cos maiores de 65 anos, cubriranse con persoas de 60 anos en adiante, por orde de entrada no rexistro municipal. Quedan excluídas as persoas que acuden ó obradoiro de Memoria que se realiza a través da Concellería da Muller, xa que suporía duplicidade.)

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …