A Escola Javi Gómez Noya contará con 18 promesas na final galega de Nada e Corre

Equipo infantil – Triatlón Ferrol

A canteira do Triatlón Ferrol ten unha nova cita este domingo coa final galega da modalidade de Nada e Corre na que haberá 18 integrantes da Escola Javi Gómez Noya.

Á marxe das categorías inferiores onde o primordial para o Triatlón Ferrol é a diversión coa competición, entre os cadetes destacan con opcións de podio Carmen Jiménez, que acaba de rematar unha concentración na Blume coa federación española, e Jorge Morado, triatleta bolseiro no CGTD.

En total, tres prebenxamíns, catro benxamíns, catro alevíns, catro infantís e tres cadetes representarán á canteira ferrolá.

Lea también

A marcha galega no cumio mundial

A marcha galega escribía esta fin de semana durante a disputa do Campionato do Mundo por …