Integrantes do Triatlón Ferrol loitarán en Nigrán polas primeiras prazas de campionato galego

Marcos Ruiz en competición – Triatlón Ferrol

Tres homes do Triatlón Ferrol tentarán este domingo en Nigrán conseguir unha praza para o campionato galego na primeira proba do circuíto de tríatlon.

Marcos Ruiz, Pablo Pedrosa e Borja Catrufo deberán ser dos 16 primeiros do Tríatlon Desafío Illas Estelas para clasificarse para o campionato autonómico, que este ano se celebrará en agosto en Ferrol.

A proba dará comezo ás 12,20h en formato esprinte de 750 m de natación, 19,5 km de ciclismo e 5 km de carreira a pé.

Lea también

June Moreno, quinta en la copa junior de Lignano

El pasado fin de semana se disputó en Italia, la Copa de Europa de Lignano, …