«Teatro con G» volve con dez obras de teatro escolar e profesional en galego

Suso Basterrechea e Pin Patiño – Concello de Ferrol

O vindeiro martes, 8 de maio, arranca unha nova edición de de Teatro con G, un programa de teatro en galego que combina grupos profesionais (4) y escolares (6) organizado de forma conxunta polo Concello de Ferrol, a través da Concellería de Educación, e pola Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.

Nesta nova edición, que hoxe presentaban en rolda de prensa o concelleiro Suso Basterrechea, e Pin Patiño, na representación da Coordinadora, toman parte un total de 10 grupos: catro profesionais e seis de teatro escolar dos distintos centros de ensino non universitario do Concello de Ferrol nun programa aberto a todos os colexios da comarca, en función da disponibilidade e prazas do aforo.

En total, son 10 xornadas do 8 de maio ao 30 de outubro, catro delas con grupos profesionais e outras seis con teatro escolar, nas que se van a representar un total de 19 obras en diferentes escenarios. Aínda que fundamentalmente, o programa terá lugar no Jofre, tamén haberá un acto final con recitado poético no Carvalho Calero, como peche da edición no que toman parte todos os centros e unha sesión especial no salón de actos CEE Terra de Ferrol (25 de maio).

A intención é conseguir, por medio do teatro, máis espazos de socialización onde os meniños, os nenos e a mocidade se poidan desenvolverse na nosa lingua”, explicaba o concelleiro de Educación e Cultura.

No teatro profesional, figuran grupos como Mofa e Befa, Caramuxo Teatro, Os Ghazafelhos con funcións ideadas para Primaria, Educación Especial, ESO, Bacharelato e Ciclos.

As xornadas, explican desde a Coordenadora de Equipas, ten o seu remate en outubro cun recitado de poemas que enmarca o comezo dunha nova xeira no curso escolar e que será no centro Carvalho Calero, no Inferniño, para todos os centros participantes no programa.

Lea también

Neda, se convierte en epicentro cultural de Ferrolterra

La Casa de las Palmeras ha acogido la inauguración de la XIX edición de las …

Un comentario

  1. Alejandro Antonio

    Teatro con G??? Cuándo va a haber para nuestros escolares teatro con E de español??? Aquí tenemos dos lenguas oficiales pero parece que para la cultura solo hay una y eso es una dictadura lingüística se pongan como se pongan