Este venres celebraráse “Ferrol, de froles cuberto” na Praza de España

Suso Basterrechea e Xil López en rolda de prensa – Concello de Ferrol

A mañá do venres será diferente para 1.800 nenos e nenas dos centros escolares da comarca, coma tamén dos maiores de Geriatros, na terceira edición de “Ferrol, de froles cuberto” que terá lugar na Praza de España a partir das 10:30 horas e que foi presentada polo concelleiro de Educación, Suso Basterrechea e o coordinador de equipos de normalización lingüística, Xil López.

O obxeto é reivindicar as nosas tradicións, cunha convivencia entre todos os centros escolares públicos e concertados de Ferrolterra”, manifestaba Suso Basterrechea, para seguir mantenido “a celebración dos Maios no ámbito escolar.

O concelleiro recordaba que “o ano pasado o evento foi fermoso”, en un festexo “de maneira colectiva, sempre baixo a defensa da nosa lingua.

Xil López quería resaltar o incremento de centros escolares participantes nesta edición “porque o ano pasado foron trece centros educativos, e neste ano serán dezasete”.

No evento haberá dous bloques con oito actuacións dos centros escolares e no intermedio actuará Paco Cerdeira “Pakolas”, cunha cantiga feita especialmente para este evento e que cantará con todos os escolares. Ademáis neste descanso colaborará Gadis, entregando a todos os escolares una mazá e una botella de auga de maneira gratuita.

Lea también

El «XVI Concurso de Piano Sociedad Artística Ferrolana-2024» se celebra este sábado día 20

La Sociedad Artística Ferrolana (SAF), celebrará este sábado día 20 en horario de 10 a 14 …