O Bar Ubaldo, de Moeche, recibe o premio do segundo concurso de pinchos

O Concello de Moeche entregoulle na tarde do sábado ao Bar Ubaldo o distintivo que o acredita como gañador do II Concurso “De Pincho en Pincho. O público votou maioritariamente polo seu petisco «Ubaldoviño», que xunta en dous bocados os sabores mariños do peixe sapo, o lagostino, o mexillón e a salsa cubana.

A receita deste bar situado en Balocos xusto ao pé da estrada de Ortigueira foi a que máis votos obtivo nunha apretada competencia de tres días -desde a tardiña do venres 18 de maio até o domingo 20 ao mediodía- con outros sete establecementos da zona: o Bar Xambas, Casa Pena, a Taberna Irmandiños, Casa Toñito, Mesón O Campo, Café-Bar Marcial e Restaurante Delfino.

No acto de entrega do galardón, o Concello tamén sorteou varios lotes de agasallos entre as máis dun cento de persoas que completaron a ruta gastronómica. Os premios consistiron nun bono individual de persoa adulta para a piscina municipal válido durante a temporada 2018, un pase para todas as actividades culturais organizadas polo Concello durante o que queda de ano -entrada no Castelo, teatro, Castelo de Sons, rutas xeolóxicas, etc.- e dúas cestas de produtos locais doados polos establecementos. Os agraciados foron Moisés Ameneiros, Fernando Galdo, Marcos Prieto e Vicente Couce.

Lea también

Valdoviño y Aspaneps favorecen el reciclaje de tapones de plástico

El Ayuntamiento de Valdoviño y Aspaneps, Asociación de Padres de Niños con Problemas Psicosociales,  inician …