Dez medallas para a Escola Javi Gómez Noya no Tríatlon de menores de Sada

Triatletas da Escola – Triatlón Ferrol

Ampla e exitosa representación da Escola Javi Gómez Noya no Tríatlon de menores de Sada onde os canteiráns ferroláns conseguiron dez medallas.

A nivel individual, promesas habituais dos podios repetiron medallas este domingo cos ouros da benxamín Noa Souto e dos alevíns Alejandro Rodríguez e María Filgueiras, ademais da prata da tamén alevín Lucía Piñón e o bronce do cadete David Campos.

Por clubs, os alevíns dominaron as súas probas gañando en categoría feminina e sendo segundas na masculina. Os cadetes tamén se colgaron o ouro por equipos e as pratas foron para os conxuntos infantil masculino e feminino da base do Triatlón Ferrol.

A Escola Javi Gómez Noya seguirá adestrando para a gran cita do ano: o campionato galego de tríatlon de menores que o 21 de xullo se celebrará en Ferrol.

Lea también

A UDC colabora na organización do Campionato de España Universitario de Vela 2024

A Universidade da Coruña UDC en colaboración coa Federación Galega de Vela e o Concello de …