O BNG de Ferrol acusa ao PP de actuar por revanchismo nas facturas de Urbaser

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera que o acontecido na mañá deste luns na comisión de contas, en relacion co pago das facturas de Urbaser, «demostra unha vez máis o modo de actuar revanchista do Partido Popular que estivo impedindo, durante meses, o debate deste tema en excluiva coa intención de eximirse de toda responsabilidade nunha situación provocada por eles».

«Ademais disto-sinala o BNG nun comunicado- para o BNG estamos diante dun goberno local cómplice que coa súa actitude está a permitir que o PP campe as súas anchas por este concello ao non ter presentado en máis de tres anos unha soa alternativa para a xestión deste servizo e limitouse exclusivamente a desenvolver procedementos de recoñecemento extraxudiciais de crédito dun servizo que carece de contrato».

O BNG lembra que «o PP propuxo un procedemento de contratación do servizo de lixo por 10 anos que a intervención municipal cualificou de ilegal e mentres outorgou unha prorroga infinita ao actual concesionario, tamén irregular. Por este motivo a actuación do PP en relación coa actual situación do servizo do lixo é hipócrita pero que ademais pretenda eximirse de toda responsabilidade coa complicidade deste goberno é indecente».

O BNG considera que «o PP iniciou o camiño dos recoñecimentos extraordinarios de crédito cando permitiu o desenvolvimento dunha prórroga indefinida. A solicitude de liquidar o contrato anterior e descontar a amortización debera terse acometido en 2015, no mandato do PP, e que este goberno despois de máis de tres anos non fixese nada para resolver a situación do principal contrato deste concello e se amilane fronte as emvestidas do PP deixa aos veciños e veciñas desta cidade indefensas».

Lea también

La Cátedra Jorge Juan, promovida por la UDC y la Armada, conmemora su 30 aniversario en el Campus de Ferrol

El rector de la Universidad de A Coruña, Ricardo Cao Abad, preside, junto con el almirante …

Un comentario

  1. Iván tiene una fijación enfermiza. Si no nombra al PP no descansa.
    Fue el BNG el que aupó a FeC al gobierno, es FeC el que gobierna y el único responsable desde hace ya 3 años.