«Escolas de instrucción dos Naturales de Fene». Nova publicación de Guillermo Llorca

Os aportes e os envíos económicos dos numerosos emigrados galegos ao continente americano, en especial a Cuba e Argentina, non só tiveron unha grande importancia para as familias que recibían os envíos e para a economía galega en xeral, se non que tamén tivo un notable reflexo no terreo da educación, posto que os emigrantes lembraban as carencias que tiña Galicia neste terreo, carencias que eles mesmos sufriran en primeiro lugar, orixinando que moitas veces se atopasen nunha situación de inferioridade no mercado laboral. 

Esta acción solidaria dos emigrantes galegos a prol do proceso educativo tivo lugar, primeiro de xeito individual, polos aportes de persoas particulares, e despois de forma colectiva, por medio das coñecidas como “Sociedades de Instrucción” que se foron creando desde comezos do século XX. Estas sociedades fixeron fronte á creación, dotación e financiamento das chamadas “escuelas de americanos” ou “escuelas de instrucción”

Esta nova alternativa aos centros oficiais de ensinanza existentes en Galicia na época, logrou poñer en marcha máis de trescentas escolas, moitas delas en edificios de nova construción. Na maioría dos casos tratábase dunhas escolas laicas, gratuítas, con programas de estudos modernos, incluíndo o necesario mobiliario e material educativo.

O escritor e historiador ferrolán Guillermo Llorca Freire ao longo da súa abondosa obra tratou en varias ocasións a problemática de emigración dos naturais de Ferrol e comarca ao continente americano, especialmente a Cuba e Argentina, un tema que reflectiu nas súas obras “ Ferroláns en Cuba”, “Ferrolanos en la Argentina” e outras publicacións.

Nesta ocasión Guillermo Llorca Freire aborda o tema das escolas de instrucción, no que atinxe a Ferrolterra, e de xeito máis específico ao Concello de Fene, presentando fai poucas datas a publicación Centenario das Escolas de Instrucción dos “Naturales del Ayuntamiento de Fene”. 1916-2016.

Ao longo das cen páxinas da publicación, Guillermo Llorca estuda o fenómeno migratorio e investiga o proceso educativo que comeza o ano 1857 e se prolonga ata o ano 1970. Dedica unha especial atención ás Sociedades de Instrucción de Naturales de Fene e de Hijos de Limodre, relatando a inauguración dos edificios escolares de Fene, Maniños e Limodre, edificio este último onde tivo lugar a presentación da publicación polo historiador Juan Carneiro Rey.

Esta obra é o remate obrigado dunha Exposición sobre o mesmo tema, a titulada “Centenario das Escolas de Instrucción dos Naturales del Ayuntamiento de Fene”, que se inaugurou en Fene el pasado mes de Noviembre de 2016. A exposición, que combinaba paneis informativos y fotografías de época con diverso material escolar, desde libros a mapas y pupitres, tivo de comisario precisamente a Guillermo Llorca.
Escola de Limodre.

Lea también

Neda celebra las XIX jornadas literarias poniendo el foco en «Trazos de Xapón»

«Un encontro entre a caligrafía e a palabra escrita” que reunirá los días 25, 26 y 27 a …