“Ferrol coas Irmandades da Fala”, novo roteiro para todos os sábados de xullo

Arturo Lemos, Álvaro Montes e Olga Romasanta na presentación – Concello de Ferrol

A historia das Irmandades da Fala en Ferrol toma todo o protagonismo os sábados deste mes de xullo, co roteiro que organiza gratuitamente o Concello de Ferrol dende as 11:30 horas e cunha duración de 90 minutos, con saída da Praza de Amboaxe e chegada no Teatro Jofre.

Na presentación realizada na mañá do martes, o concelleiro de Participación Cidadá, Álvaro Montes destacaba que esta data foi escollida “para favorecer a asistencia da maior cantidade de xente posible, xa que moitas delas se encontran de vacacións e así poidan descubrir un pouco máis da historia da cidade”.

Esta actividade é posible grazas o traballo realizado pola cooperativa Rexenerando, coa presenza de Olga Romasanta, a cal afirmaba que o obxetivo “é dar a coñecer algo moi descoñecido en Ferrol como son ás Irmandades da Fala entre 1917 e 1931, na parte obreira e cultural e podemos ver a cidade con outros ollos.

No primeiro roteiro que terá lugar este sábado será clausurado cunha actuación do Real Coro do Toxos e Froles, recordando o seu presidente Arturo Lamas os 103 dende a súa creación “sendo uns dos promotores das Irmandades da Fala de Ferrol, onde o Toxos foi escollido coma agrupación folclórica e foi posto en valor en todas as Irmandades da Fala en Galicia, con cantigas que aínda hoxe viven.”

Para participar nestos roteiros gratuitos “Ferrol coas Irmandades da Fala”, é preciso unha inscripción previa no teléfono 698.157.414 ou no email gnl@ferrol.es.

Este roteiro terá continuidade no novo curso escolar, no que será ofertado a tódolos centros educativos da cidade, según confirmaba o propio concelleiro na rolda de prensa.

Lea también

La Cátedra Jorge Juan, promovida por la UDC y la Armada, conmemora su 30 aniversario en el Campus de Ferrol

El rector de la Universidad de A Coruña, Ricardo Cao Abad, presidida, junto con el almirante …