Ferrol e Mugardos abren as inscripcións dos obradoiros «Jazz de Ría» para grandes voces de xente pequena

As pequenas e pequenos amantes da música xa teñen un estupendo plan para o mes agosto. O Festival Jazz de Ría, a cabalo entre os Concellos de Ferrol e Mugardos, ven de abrir o prazo de inscrición para participar no Obradoiro de Jazz e Improvisación para grandes voces pequenas coa vontade de contribuír á formación jazzística das novas xeracións.

Impartirase, de balde, nos días previos ao II Jazz de Ría, do 17 al 19 de agosto. Esto é, o obradoiro vaise desenvolver desde o luns 13 ao xoves 16, de 10 a 14:00 horas para nenos de 5 a 12 anos no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol, con inscripcións no email festivaljazzderia@gmail.com. 

Durante o curso traballarase parcialmente en dous grupos: de 5 a 8 anos e de 9 a 12 anos. Haberá actividades que desenvolverán os dous grupos xuntos e haberá actividades e información que se dará por separado para adaptar os contidos á idade das e dos participantes.

A fronte desta experiencia, desde Asturias, Mapi Quintana acompañada de Maite Heres.

O obxectivo desta actividade é aprender e divertirse, introducir ás crianzas neste xénero para favorecer a súa integración como público presente e futuro do Jazz de Ría; que se afagan no ámbito da improvisación, parte fundamental do jazz e contar coa voz como instrumento musical común a todas as realidadessociais.

Ao remate desta residencia artística farase un concerto-mostra do aprendido que estará enmarcado na programación do festival Jazz de Ría.

Será o xoves 16 de agosto, as 20:00 horas, no Baluarte, un lugar prixilexiado de Ferrol con vistas a toda a Ría. Nesta actuación, as nenas e os nenos participantes da residencia mostrarán ao público o resultado da súa aprendizaxe, formando parte da programación do festival, co mesmo protagonismo que as outras bandas de jazz.

Lea también

Ares entrega os premios do IV Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos Escolares

Concello de Ares e CPI As Mirandas entregaron esta semana os premios do IV Concurso …