O BNG considera «irregular» conceder unha axuda ao Racing de Ferrol sen contrato

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera «intolerábel» que por parte do goberno da cidade «se pretenda aboar máis de 95.000 € ao Racing de Ferrol«, en concepto de patrocinio, mediante un recoñecimento extraxudicial de crédito sen que exista contrato asinado e que se someterá a aprobación no pleno de fin de mes.

Estes 95.000€ «veñen a sumarse aos tres convenios nominativos, xa asinados por parte deste goberno, que supoñen 35000 € para a Fundación do Racing de Ferrol, 50.000 € para os gastos derivados da participación desta equipa na competición na tempada 2016-2017 e uns escasos 1.000 € para o desenvolvimento do campus de futbol base que organiza o Racing de Ferrol«. Para o BNG «estamos diante da pretensión do goberno municipal de entregar case 100.000€ ao Racing por un concepto de patrocinio que non é un servizo, que non é unha necesidade urxente, inaprazábel ou necesaria para este concello xa que estamos a falar exclusivamente do feito de que o Racing faga publicidade desta cidade e que ademais se faga sen que exista ningun tipo de contrato entre ambas partes«.

O BNG considera que esta pratica «é totalmente irregular«, xa que sería como se calquer medio de comunicación «decidise publicar anuncios ou propaganda deste concello para remitirlle posteriormente a factura ao concello e o goberno desta cidade decidise aboar esas facturas mediante un recoñecimento extraxudicial de crédito. Cremos que estas practicas son inaceptables e que ademais se agravan pois se combinan coa multiplicación do diñeiro destinado a subvencións nominativas por parte deste goberno municipal».

Ademais preténdese «darlle validez a este pago mediante un contrato que desenvolveu o Partido Popular«, exclusivamente para o ano ano 2015, o «que evidencia a similitude das practicas desenvolvidas entre o Partido Popular e Ferrol en Común ao longo dos seus tres anos de goberno pero que conleva que se lle estea a pagar ou se lle pretenda pagar ao Racing por conceptos que, ademais, estan duplicados no contrato do 2015 e no convenio nominativo para financiar os gastos derivados da competición oficial da primeira equipa«.

A clausula VI do convenio nominativo para financiar os gastos da primeira equipa recollen a obriga do Racing de Ferrol de incorporar o logotipo da cidade nas súas camisolas o mesmo concepto que se recolle nas obrigas para a primeira equipa no prego de condicións ténicas do contrato de publicidade do ano 2015.

O BNG considera que os veciños e veciñas de Ferrol «estaremos a pagar duas veces polo mesmo concepto mediante dous convenios e contratos diferenciados. Ademais todo esto se produce tendo en conta que no ano 2017 o concello de Ferrol vendeu as accións que posuia no Racing por algo máis de 400.000 € e que con contratos e convenios como os que este goberno está a desenvolver se verán amortizados por parte do adquirinte en menos de 3 anos«.

Lea también

‘Pingüin’ nova proposta de Afundación para escolares en Ferrol

El Auditorio de la Sede Afundación de Ferrol acoge la última propuesta escénica de la …