O PSOE insta a cumprir o compromiso de reiniciar o «Ferrol Emprende en Feminino»

Foto de familia da primeira edición do Ferrol Emprende en Feminino – PSOE

Nesta mañá o PSOE de Ferrol, a través da súa voceira Beatriz Sestayo, instou ao goberno local a sacar “dunha vez” as bases para a segunda convocatoria de Ferrol Emprende en Feminino, un programa posto en marcha polos socialistas cando estaban no goberno e que posibilitou a formación emprendedora de 30 mulleres na Casa da Muller, a elaboración de plans de empresa profesionalizados e axudas económicas para a posta en marcha de negocios locais.

O éxito do programa fixo que o PSOE local introducira, entre as súas emendas aos Orzamentos que posibilitaron a súa aprobación, unha emenda para a posta en marcha da II edición do programa Ferrol Emprende en Feminino, esta foi aprobada no Pleno de Ferrol e que a pesares do tempo transcorrido segue sen ver a luz.

Beatriz Sestayo insta á urxencia da convocatoria, toda vez que o retraso que está a levar o goberno na execución dos Orzamentos municipais, remarca “neste tema e noutros”, fai que perigue o propio programa, xa que resta un trimestre para que poida ser cumprido. A voceira socialista que puxera en marcha este programa como responsable de Muller, pon en valor a necesidade de ser proactivas na creación de emprego na cidade e lembra que o programa consta dunha fase dunha formación de enorme calidade e dunha segunda etapa de posta en marcha dos negocios para a creación de emprego feminino e a dinamización da cidade.

A responsable socialista considera inaceptable que “ata os programas que contaron co respaldo de todo o Pleno sigan sen poñerse en marcha, o que ven sendo unha constante nun goberno apático e vago”, por todo isto, solicita que alomenos se cumpran os compromisos acadados en Pleno por consenso.

Lea también

O BNG de Ferrol afirma que «a lingua galega está viva e que a sociedade está disposta a defendela»

O BNG de Ferrol a través dun comunicado anuncia que diferentes colectivos da cidade de …