Carmen Gómez pechará a temporada coa selección no Europeo sub-23

Carmen Gómez competindo en Pontevedra – Triatlón Ferrol

Carmen Gómez disputará esta fin de semana en Eilat o campionato de Europa en categoría sub-23.

A integrante do Triatlón Ferrol chega nun bo estado de forma a pesar de que a súa temporada sufriu un parón por lesión e só adestra desde o mes de xuño.

Pero Gómez volveu coa calidade que lle permitiu ser novena no campionato de España de tríatlon olímpico en categoría absoluta e vén de amosar o seu bo estado de forma nas últimas xornadas da Liga Iberdrola co Triatlón Ferrol.

Nunha competición aberta, a proba individual celebrarase o sábado en formato olímpico de 1.500 m de natación, 40 km de ciclismo e 10 km de carreira a pé. Os mellores españois formarán o cuarteto que o domingo defenda as cores da selección no Europeo por relevos mixtos.

Lea también

Nova edición do «Campus de Fútbol de Verán da Fundación Celta» en Ares

A casa consistorial de Ares acolleu a presentación oficial do Campus de Verán de Fútbol …