Emilio Mesías Farías encabezará a lista do BNG en Ares ás próximas municipais

O BNG de Ares celebrou o acto de presentación do candidato á Alcaldía para as municipais 2019, coincidindo co primeiro dos actos informativos que a organización nacionalista organiza anualmente baixo a denominación de «Encontros veciñais polas parroquias».

A Asemblea Local de Ares refrendou hai uns días a candidatura de Emilio Mesías, quen leva dende o 2011 como concelleiro-portavoz do BNG no Concello de Ares, coa idea de acadar o número suficiente de actas para poder levar adiante o seu «programa de Concello centrado nas persoas».

No acto de presentación, o candidato expuxo o que van ser as bases do programa electoral no que comezarán a traballar de inmediato, logo de facer unha análise e valoración da situación actual do Concello de Ares así como das políticas levadas a cabo nos últimos dez anos de mandato socialista «coa muleta de NAL e SON de Ares.»

Un proxecto no que a boa xestión económica sexa unha prioridade, que garanta os servizos básicos aos veciños e veciñas e que apoie o comercio local e a creación dun viveiro de emprendemento, serán algúns dos alicerces nos que se sustentará o programa electoral.

Os encontros veciñais continuarán o sábado 17 no CIRS de Cervás e o domingo 18 na AI de Caamouco, ás 12.30 h.

Lea también

Ares acada o epicentro de Atenas no marco do proxecto europeo ‘Sporural’

A concelleira de Deportes de Ares, Alma Barrón, e membros do equipo técnico deportivo e …