En Narón, xornada informativa sobre liñas de axudas públicas para novos proxectos empresariais

fot. arch

O Café Teatro do Pazo da Cultura acollerá o vindeiro 12 de decembro, ás 20.00 horas, unha xornada informativa na que se darán a coñecer as liñas de axudas públicas convocadas desde diferentes administracións para favorecer a posta en marcha de novos proxectos empresariais e a xeración de emprego. Así o indicou a alcaldesa, Marián Ferreiro, que animou a tódalas persoas interesadas a asistir a esta convocatoria, co fin de dar a coñecer as posibles subvencións que poden financiar os seus proxectos de negocio.

Jacobo Suárez e Elena López, da consultoría Avanza.gal serán as persoas encargadas de expoñer aos asistentes as diferentes convocatorias de subvencións e vantaxes impulsadas a través do Goberno central, a Xunta de Galicia, e a Deputación da Coruña. Na sesión, tal e como avanzaron, realizarase especial incidencia naquelas financiadas con cargo a fondos europeos.

A través desta xornada informativa, tal e como apuntou Ferreiro, “apóstase por ofrecer a máxima información ás empresas e persoas emprendedoras para que consigan acadar a máxima axuda económica posible para os seus proxectos empresariais”.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …