Na mostra «Son de Galicia» recoñécense o labor histórico e cultural dos coros galegos

Toxos-1915

O Consello da Cultura Galega e Afundación recoñecen na mostra «Son de Galicia» o labor histórico e cultural dos coros galegos

A mostra non é só unha exposición sobre catro formacións musicais que aínda permanecen activas; é unha mostra que recolle o espírito dunha época que sentou a través da música e do baile a nosa identidade. «Son de Galicia» é unha exposición do Consello da Cultura Galega (CCG) que peneira nos arquivos dos catro coros históricos (Real Coro»Toxos e Froles» de Ferrol, «Cántigas da Terra»de A Coruña, «Coral De Ruada»de Ourense e mais «Cantigas e Agarimos de Santiago) para reconstruír a historia de Galicia a través da traxectoria destas formacións que dan conta da música, do teatro, da organización social dun tempo.

A exposición, que se presentou na mañá deste martes en rolda de prensa, inaugurouse na tarde deste mesmo martes coa presenza da presidenta do CCG, Rosario Álvarez; o director xerente de Afundación, Pedro Otero; o comisario, Miguel Anxo Seixas e os responsables dos catro coros.

A mostra poderase ver na Sede Afundación de A Coruña ata o 26 de xaneiro, desde onde continuará exhibíndose noutras cidades galegas.

Lea también

Cabanas conmemora o Día do Libro

O Concello de Cabanas conmemora o Día  do Libro, que se celebra este 23 de …