Presentado o libro «Loiba na memoria», de Lela Castelo

A concelleira de Cultura do concello de Ortigueira, Vanesa Trevín, asistiu o pasado sábado á presentación do libro “Loiba na memoria”, un traballo do que é autora Lela Castelo Santaballa. O acto celebrouse no local da asociación de veciños coa asistencia de numeroso público.

O libro dá resposta a moitas cuestións relacionadas coa historia da parroquia, entre elas cando aparece citada por primera vez nun documento escrito, cando comezou a explotación da mina de chumbo ou quen foron personaxes como o cego da Rieira ou Benito da Culpa, xunto con lembranzas da propia autora e da veciñanza.

O Concello de Ortigueira dá as grazas a Lela Castelo Santaballa por recoller toda esta sabedoría e cultura
popular que agora permanecerá para sempre conservada nas páxinas de “Loiba na memoria»

Lea también

Valdoviño celebra su Feirón mensual

Los puestos regresan este domingo 28 a la Puerta del Sol de Valdoviño, que acogerá …