O Baloncesto Narón busca rachar a súa xeira de derrotas ante o Innova Chef de Zamora

Foto de familia do Baloncesto Narón na pasada tempada – Baloncesto Narón

O Baloncesto Narón disputa mañá –ás 18:30 horas no pavillón municipal da Gándara- un partido transcendental ante o Innova Chef zamorano, terceiro clasificado da conferencia AB de Liga EBA. O conxunto dirixido por Diego Fernández quere rachar a súa xeira de catro derrotas consecutivas gañando a un equipo que na primeira volta vencera por tres puntos (90-87) na súa cancha. Trátase dun enfrontamento vital para as aspiracións dos naroneses de alcanzar a permanencia, que nestes intres está a dúas vitorias.

A entrada a este partido é de balde, polo que a directiva do club naronés anima a todas e todos os afeccionados ao baloncesto da comarca a acudir para dar folgos aos xogadores locais. No tempo de lecer, os máis de 150 cativas e cativos do equipo de Narón sacarán a foto de familia.

Lea también

Seis árbitros de fútbol ferrolanos participaron en la jornada de ascenso en Santiago

El sábado 23 de noviembre cuatro árbitros de la categoría de Preferente Galicia y dos …