Programa de actividades na zona norte en homenaxe a Rosalía de Castro

En Ferrol
Desde o Concello de Ferrol con motivo do Día de Rosalía, preparouse un acto que se celebrará este domingo, día 24, na praza Rosalía do barrio de San Xoán.
O acto iniciarase ás 12.00 horas, no aniversario do seu nacemento en 1837, cunha peza musical, á que seguirán as intervencións do alcalde, Jorge Suárez, e do concelleiro de Normalización, Álvaro Montes.

No acto, este ano, quíxose contar coa participación do alumnado dos IES de Ferrol, que darán lectura a seis poemas. Á pechadura, actuación musical do Trío de Molime, con poemas musicados de Rosalía e outros escritores galegos.

Como final, este ano haberá unha degustación de caldo galego que se servirá nunha cunca conmemorativa do Día de Rosalía do Concello de Ferrol. Ademais, os presentes levarán de agasallo un marcapáxinas rosaliano para marcar as súas lecturas.

 

En Fene

O concello de Fene presenta unha completa programación de actos para conmemorar o Día de Rosalía, que se celebra o 24 de febreiro. Pero, previamente á xornada central, ata hoxe, domingo 24, a Biblioteca Municipal Xosé María Pérez Parallé alberga unha exposición de fondos bibliográficos con obras da autora galega ou sobre ela. Así mesmo, o Concello está a distribuír por todo Fene, e con especial atención aos establecementos hostaleiros, un díptico coa receita do “Caldo de Gloria”.

Hoxe domingo, desenvolverase o acto central. A partir das 12 horas, no xardín Rosalía de Castro, en Perlío, realizarase a ofrenda floral e o grupo de teatro Xosé María Pérez Parallé do CMI Unidade de Fene recitará poemas da escritora. De seguido, actuará o Tradicoro, que interpretará poesías de Rosalía e, ao remate, o alcalde, Gumersindo Galego, pronunciará unhas palabras.
Sobre as 12,30 h, a praza da escola do Ameneiral será o escenario central onde o Concello convide á veciñanza a unha degustación popular do “Caldo de Gloria” segundo a receita que a propia Rosalía legou no seu poema “Miña casiña, meu lar”. Ademais, e ao longo da toda a mañá, realizarase un bookcrossing na parroquia de Perlío de 50 libros de Rosalía.

En Mugardos

O Concello de Mugardos celebra o seu primer Día de Rosalía despois de que o pleno da corporación declarase a data como festa institucional. 

Os actos que organiza o Concello en torno ao día 24 de febreiro contan coa colaboración da Asociación de Amigos da Paisaxe Galega e da Asociación Cultural Apelón.

Hoxe domingo, a data do aniversario do nacemento de Rosalía, o programa ten reservado a representación no Casino Mugardés da obra de teatro “Rosalía, poeta na beira do mar”, por parte da compañía Teruca Bouza, da Asociación de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo. A peza, escrita por Eugenia Sanmartín, recrea a festa do Seixo e a relación da poeta con ela. A cita será ás 19.00 horas.

O día 25, luns, farase unha lectura de poemas a cargo do CEIP Santiago Apóstolo, a partir das doce do mediodía.

En Pontedeume

O paseo marítimo eumés será bautizado este domingo co nome de Paseo Fluvial «Rosalía de Castro». O Concello dará así cumprimento a unha moción plenaria aprobada en febreiro de 2017.

O acto desenvolverase a partir das 12.30 horas cando se descubra a placa identificativa no monólito situado a metade do paseo fluvial que estará precedida da intervención do alcalde, Bernardo Fernández. A acción trasladarase posteriormente a praza de Rosalía de Castro onde a partir da unha da tarde homenaxearase á autora cunha ofrenda floral e a actuación do grupo «Airiños do Eume«.

Lea también

¡Choque de alto voltaje esta noche en A Malata! el Racing recibe al Real Oviedo

«Pese a contar con una posición de privilegio y una puntuación elevada, no nos apartamos …