Inauguradas en Narón as xornadas sobre Cambio normativo dos requisitos de seguridade en parques infantís e instalacións deportivas e recreativas

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, inaugurou na mañá deste xoves, ás 10.00 horas, as xornadas sobre Cambio normativo dos requisitos de seguridade en parques infantís e instalacións deportivas e recreativas. Medio cento de persoas –funcionarios e representantes políticos- de Narón e doutros concellos (Ferrol, Oleiros, Miño, Santiago, A Coruña…) participaron nesta convocatoria, que continuó desenvolvéndose en horario de tarde no Café Teatro do Pazo da Cultura. O Concello colabora coa firma Soluciones Técnicas de Ocio na organización da convocatoria.

Ferreiro destacou na súa intervención a importancia de que tanto os parques infantís como as instalacións deportivas e recreativas estean totalmente adaptados á normativa vixente. No caso de Narón, o cen por cento dos parques infantís cumpren a normativa europea e tan só a pavimentos de seguridade destinarase unha partida de case 163.000 euros –para a mellora dunha ducia de parques- e outros preto de 30.000 serán para a substitución de valados –en cinco parques-. En canto ás instalacións deportivas, desde o Concello tamén se continúan realizando investimentos nesa mesma área, tal e como apuntou Ferreiro.

A alcaldesa destacou que estas xornadas representan “unha moi boa oportunidade para compartir experiencias e coñecementos entre os asistentes”, e presentou ao primeiro dos poñentes, José María Fariñas, experto en seguridade infantil e vicepresidente da Comisión de Normalización UNE, da empresa Ases XXI. Fariñas destacou a importancia do “certificador de produto, a diferencia dos laboratorios de ensaio” e incidiu en que “sempre debe vir a marca do acreditador correspondente do país que sexa”. Asegurou tamén o experto que no caso dos parques, “teñen que estar sempre vixiados os nenos e nenas por un adulto e ter moi en conta que se un menor non se pode subir a un xogo, é que non é para el, e non se debe subir porque pode caer”.
Tras unha pausa para o xantar, ás 16.00 horas deu comezo a intervención de Manuel Ángel Lorca, xerente e administrador de Vugalia, empresa que fabrica e subministra pavimentos de seguridade.

Lea también

El atrio de San Xulián de Narón lucira una talla del patrono confeccionada en el tronco de un árbol

Nuevamente el artesano de la piedra y la madera, y reconocido muralista Carlos García Romero deja …