O Triatlón Ferrol masculino abre en Punta Umbría a liga de dúatlon de Segunda División

O Triatlón Ferrol no Campionato de España 2018 | Triatlón Ferrol

Despois de lograr a permanencia en 2018, o Triatlón Ferrol disputa esta fin de semana as primeiras xornadas da liga de dúatlon de Segunda División en Punta Umbría.

Na xornada do sábado, participarán no campionato de España por clubs Iván Puentes, Marcos Ruiz, Pablo Pedrosa, Jorge Morado, David Campos, Hugo Prida e Alejandro Rodríguez (todos canteiráns da Escola Javi Gómez Noya) xunto a David Arias, Juanchi González e Marcos Caneiro.

Para o campionato de España de dúatlon por relevoz mixtos están convocadas Pepa García e a promesa Carmen Jiménez, para competir en equipo con Puentes e Ruiz.

Lea también

El Racing infantil logra un brillante ascenso a División de Honor

El Racing infantil certificó el domingo su ascenso a División de Honor tras derrotar al Vitoria. …