Tere Barreira, candidata ao podio do Dúatlon de Santiago

Tere Barrera nunha proba | Triatlón Ferrol

Tere Barreira, xa clasificada para o campionato galego despois de logralo en Lugo, opta este sábado aos postos de podio nun Dúatlon Cidade de Santiago no que foi bronce en 2018.

Pola súa banda, a aspiración dos seus compañeiros do Triatlón Ferrol, David García, Luis Gómez, Francisco Javier Pena e Laura García, é precisamente conseguir o billete para a cita autonómica.

A participación ferrolá complétana o cadete Uxío Valiño, os absolutos Borja Catrufo, Emilio Fernández e Luis Rilo e os veteranos Alberto Caneiro, José Antonio Vidal, Manu Pita, Jose Ferraces e Álvaro García.

Máis de 30 canteiráns

No Dúatlon Escolar que se celebrará igualmente en Santiago, a Escola Javi Gómez Noya inscribiu 34 promesas na proba clasificatoria para a final provincial de Fene.

Lea también

Boa actuación dos másters galegos no Campionato de España de 5K

Excelente balance para o atletismo máster galego que voltaba esta fin de semana cun total …