Preto dun centenar de representantes de diferentes entidades asistiron ás charlas sobre tramitación online impartidas no Concello de Narón

O Concello de Narón acolleu tres charlas informativas dirixidas a entidades asociativas da cidade, vencelladas a diferentes ámbitos: cultural, social, veciñal, educativo… Preto dun cento de persoas asistiron, en total, a esta convocatoria, que se ofertou desde o goberno local ás entidades asociativas da cidade desde o Servizo Sociocomuntario, tal e como indicou a coordinadora do mesmo, a edil Mercedes Taibo.

As persoas que acudiron á convocatoria recibiron formación sobre a obtención e uso de certificados dixitais de representación (persoas xurídicas), temática abordada nunha das sesións.

Así mesmo, o persoal recibiu formación sobre a realización de todo tipo de trámites online co Concello (requisitos e operativa), aplicables tamén a outras administracións nalgúns casos.

A primeira das sesións tivo lugar o pasado 1 de marzo, se ben as dúas últimas concentráronse na xornada deste mércores, día 20. Persoal do Servizo de Novas Tecnoloxías impartiu as charlas, que se organizaron por primeira vez no Concello, tal e como apuntou Taibo, “co obxectivo de facilitar na medida do posible ás entidades á realización de trámites online como a petición de subvencións ou outras xestións co Concello”. Tralo remate das charlas a concelleira asegurou que asistentes ás mesmas realizaron unha valoración positiva do resultado, ao ter a oportunidade de aclarar tamén posibles dúbidas sobre os citados procesos.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …