O BNG considera necesario protexer a fraga de Menáncaro

Talas na fraga de Menáncaro | BNG

Despois de acudir na tarde de hoxe á fraga de Menáncaro (Serantes), produto da chamada dos veciños que alertaron do desenvolvemento dunha tala nese espazo da cidade, dende o BNG consideran, que máis alá de clarificar cales son os permisos e os trámites administrativos que aprobaron estes traballos, «esta acción amosa que a política medioambiental neste Concello leva ausente durante os últimos dous mandatos«.

Dende o BNG recordan que tivieron que demandar a inclusión da prohibición de plantación de eucaliptos na ordenanza da xestión do Montes do Cha, ausente na proposta do Goberno, «e agora temos que insistir na necesidade de desenvolver unha política medioambiental proteccionista do bosque autóctono«.

A fraga de Menáncaro segue a carecer dalgunha protección especifica despois de dous gobernos locais do PP e FeC que «obviaron a demanda existente dunha protección específica produto do intento de desenvolver unha urbanización especulativa nun espazo que debe ser protexido polo seu alo valor medioambiental«.

Para o BNG «é prioritario a modificación do PXOM co obxecto de impedir este tipo de urbanizacións e protexer de maneira especifica este espazo natural da cidade«.

Este será unha iniciativa que guiará a acción política do BNG de cara ao próximo mandato.

Lea también

Ferrol inicia el proceso para agilizar la contratación de personal

La concejala de Recursos Humanos, Susana Sanjurjo, avanzó que la Mesa General de Negociación aprobó las …

Un comentario

  1. Estoy de acuerdo en que la Fraga de Menáncaro debe gozar de la máxima protección, pero no deja de sorprenderme que el BNG (que tuvo la alcaldía y no la protegió) no haya presentado ninguna moción en los últimos ocho años para conseguirlo. La política de este partido en la ciudad consiste, básicamente, en hacer sólo propuestas que en nada benefician y luego quejarse de que todo esta mal. ¿Para qué van sus dos ediles a los plenos, para soltar su charla?