Terra Galega celebrou unha reunión veciñal no Couto

Na tarde de este mércores, ás 20.30 horas, no Local Social do Couto, a candidata de TEGA á Alcaldía de Narón e actual alcaldesa, Marián Ferreiro, xunto con outros representantes do partido estivo conversando coa veciñanza e explicando importantes avances que se fixeron na cidade, nunha reunión de “Xuntos/as decidimos”

«No barrio do Couto a aposta máis grande foi a mellora das pistas, nas que se inverteron un total de 230.500€ , tamén 12.000 euros foron empregados na adaptación do local social» sinalouse na asemblea.

Este xoves a cita foi as 20.30, no Alto, no seu local social, e supuso o peche de reunións de esta semana. O vindeiro luns rematarán as xuntanzas, e o farán na parroquia de San Xiao, un lugar moi especial para a candidata.

Lea también

Unha unidade móbil ADOS estará operativa o venres 26 en Narón, no barrio de Xuvia

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este …