En Narón o vindeiro domingo organizase un acto con motivo do aniversario da proclamación da II República

O Concello de Narón e a Asociación Memoria Histórica Democrática organizan un acto o vindeiro domingo, día 14, con motivo do 88 aniversario da proclamación da II República –que tivo lugar o 14 de abril de 1931-. A convocatoria, tal e como explicou a concelleira de Cultura, María del Carmen Espada, consistirá nunha ofrenda floral coa que se lembrará ás persoas represaliadas pola ditadura debido á defensa da legalidade republicana e das súas ideas de progreso e xustiza social.

A ofrenda floral desenvolverase, ao igual que en anos anteriores, en tres ubicacións da cidade: no cemiterio do Val, ás 12.00horas; no de San Mateo, ás 12.30 e fronte ao Pazo da Cultura –xunto á árbore de Gernika- ás 13.00 horas. Representantes da corporación local e da Asociación Memoria Histórica Democrática participarán neste acto, aberto á asistencia da veciñanza.

Lea también

Últimos días para inscribirse en Narón no curso sobre “Xestión de redes sociais con Canva e ChatGPT”

Esta acción formativa impartirase dende o vindeiro 2 de maio ata o 28 de xuño, …