O Clube Atletismo Fene logra o Campionato Galego de maratón

O equipo de maratón no máis alto do podio | Clube Atletismo Fene

O Clube Atletismo Fene fixo historia no Campionato de Galicia de maratón celebrado en A Coruña o domingo. Proclamáronse campións galegos por equipos nun día no que o desenvolvemento da carreira a moitos participantes lles afectaron as circunstancias de moita calor con humidade e vento en parte do circuíto. A

Jonathan Fernández Ríos obtivo o quinto posto. Realizou unha carreira moi intelixente de menos a máis pois facía un mes que compiteu en Barcelona cun tiempo de 2 h. 42´. 51».

Luís Pérez Varela foi 11º cun tempo de 2h. 47´.15». Realizou unha boa carreira e nos últimos kilómetros lle afectou a humidade e o calor.

Carlos González Vázquez foi 21º con un tempo de 2h. 52´. 57» e Samuel Ramírez Rodríguez foi 44º cun tempo de 3h. 19´02».

Para a puntuación por equipos contabilízase a suma dos tempos dos tres primeiros atletas do club en chegar a meta 08:23:03. Segundo posto foi o Atletismo Samertolameu e o terceiro posto foi para o Deportivo Pinarium.

Gran día para a familia atlética do Clube Atletismo Fene que por primeira vez dende a súa fundación na tempada 2016/2017 alcanza un podio por equipos nunha competición a nivel federado.

Lea también

Los árbitros ferrolanos participaron en las pruebas de selección para ascender a Preferente

El pasado domingo 1 de diciembre se llevaron a cabo durante la mañana unas pruebas …