O NARÓNiño abriu as súas portas no pavillón Campo da serra, en Santa Icia

A terceira edición de O NARÓNiño o lugar onde xogan as meniñas e os meniños abriu na mañá deste venres as súas portas no pavillón Campo da Serra, en Santa Icía. Desde hoxe e ata o domingo pola noite, as nenas e nenos –a partir de 2 anos- dispoñen dunha gran variedade de propostas de xogo para gozar durante a Semana Santa. A entrada é de balde e o recinto abre as súas portas de 11.00 a 14.00 e polas tardes dende as 16.30 ata as 20.30 horas.

No momento da súa apertura  ás 11.00 horas deste venres, chegaban os primeiros nenos e nenas acompañados por adultos e dispostos a gozar dunha mañá de xogos nos distintos espazos habilitados para tal fin. Unha das novidades deste ano é a habilitación dunha zona delimitada para os menores de 2 a 4 anos, para que poidan xogar en tres áreas deseñadas para os máis pequenos á Carrera Go First (pistas de coches), con Playmobil 123 ou cos Junior Rolly Toys (construción).

Os menores a partir de 4 anos poden elixir entre propostas como Carrera, Playmobil, Superzings e os Rolly Toys. Todos os participantes levarán un diploma pola súa participación que se entregará nas propias zonas de xogo e tamén teñen a oportunidade de inmortalizar o seu paso por O NARÓNiño fotografiándose nun photocall que instalado na entrada do recinto. Hay tamén figuras con dioramas e xigantes de Playmobil.

Unha das propostas que se retoma nesta terceira edición son os exitosos obradoiros Menuda cociña, nos que os nenos e nenas se convirten en grandes chefs coa axuda de monitores, que lles aprenden a preparar varias receitas. Cada día ofértanse un máximo de 160 prazas para estes obradoiros de cociña, que dan comezo ás 12.00 horas pola mañá e, polas tardes, ás 17.00, 18.00 e 19.00 horas, tendo unha duración aproximada dunha hora. Para participar nestes obradoiros é preciso inscribirse previamente, xunto antes do inicio de cada unha das quendas, nas que haberá un máximo de 40 prazas, dividindo aos participantes en dous grupos.

Os menores deben estar en todo momento acompañados por unha persoa adulta dentro do recinto, se ben os acompañantes non poden estar dentro da zona delimitada para o xogo. Os nenos e nenas deben cumprir as indicacións que realizan os monitores e está prohibido comer dentro do recinto e tamén a entrada de animais de compañía.

Lea también

Unha unidade móbil ADOS estará operativa o venres 26 en Narón, no barrio de Xuvia

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este …