Unha ducia de medallas para a Escola Javi Gómez Noya na final provincial de dúatlon escolar de Fene

Duatlón Escolar 2017 – Triatlón Ferrol

A Escola Javi Gómez Noya logrou un total de doce medallas na final provincial de dúatlon escolar celebrada este domingo en Fene.

A nivel individual, a infantil María Filgueiras e a cadete Carmen Jiménez colgáronse o ouro, a alevín Rebeca Teijeiro e a infantil Sabela Caneiro conseguiron ser subcampioas na súa categoría e o benxamín Manuel Caneiro e o cadete Alejandro Rodríguez fixéronse coa medalla de bronce coas cores do Triatlón Ferrol.

Como equipo, as alevíns e infantís da escola apadriñada por Gómez Noya foron as mellores, os conxuntos benxamín masculino, infantil masculino e cadete feminino finalizaron segundos e o equipo cadete masculino rematou en terceira posición.

Lea también

Manuel Permuy obtiene muy buenos resultados en el AJP World Tour

  El pasado fin de semana se celebraron en la ciudad de Estambul (Turquía) dos …