Iván Rivas: «Só vós podedes transformar os imposibles de hoxe en posibles de mañá»

Iván Rivas no mitin | BNG

O voceiro do BNG en Ferrol, Iván Rivas, interviu esta tarde no acto central do partido da campaña das xerais, que tivo lugar ás 20:00 horas no Centro Cultural Torrente Ballester e no que tamén estiveron presentes Ana Pontón, Néstor Rego e Ramón Fernandez “Mon”. Arroupado pola militancia e simpatizantes, o candidato á alcaldía incidiu na importancia de acudir a votar o vindeiro domingo. “Paga a pena saber que este país existe, que esta cidade existe porque vos loitades cada día para que exista. Vós, nacionalistas galegos e galegas sodes imprescindibles”, afirmou.

Rivas fixo referencia ademais no seu discurso á situación discriminatoria que vive Galicia e tamén Ferrol, en relación ás competencias do Estado. “Se a AP9 está amortizada ¿por qué lle prorrogan as concesións? Se a lei é para todos ¿por qué nin o Ministerio de Defensa, nin a Autoridade portuaria, nin Navantia pagan impostos en Ferrol? Se non hai cartos ¿por qué despilfarráchedes 7.000 M de euros en sobrecustes nas obras do AVE con contratos amañados e subornos mentres aquí seguimos con vías de hai 100 anos?”, plantexou o voceiro.

Iván Rivas fixo tamén fincapé na importancia de que o BNG conte con representación no Congreso para mudar a situación que vive o país. “Os e as que tedes unha visión solidaria do mundo tedes que erradicar o conformismo e a decepción das relacións humanas.(…) Só vos tedes a imaxinación para inventar o futuro, só vos podedes transformar os “imposibles” de hoxe en “posibles” de mañá”, sentenciou.

Gran asistencia no mitín no Torrente Ballester | BNG

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …